domingo, 24 de octubre de 2010

“A orixe da vida”


Dende a antigüidade  intentouse  pescudar cal foi a orixe da vida, de onde ven e quen ou que feitos provocaron a súa creación. Todas as nacións e culturas elaboraron  explicacións para saber cal é o orixe da vida; estas explicacións son case sempre sobrenaturais baseándose nos mitos e na maxia, defenden que hai un deus, ou varios deuses, que crearon o mundo e aos seres vivos.

Estas explicacións non atenden a realidade, nin dan probas, nin xustificacións, nin argumentos do que din, so falan e inventan historias sen máis para poder falar e explicar o que non se sabe. Pensar sobre a nosa orixe é unha capacidade que adquirimos ao ser animais que pensamos e podemos reflexionar. Mais non deberíamos dar probas do que dicimos? Deberíamos crer  todo o que din e inventan os demais e calar?

Grazas a que a sociedade foi cambiando, a xente comezou a buscar probas e argumentos que se puidesen demostrar ou ser comprendidos por todos e todas.


Comezaron a aparecer diferentes hipóteses e teorías que, intentaban e intentan, explicar cal foi  o orixe da vida, apareceron por tanto diferentes teorías e hipóteses como  a teoría da xeración espontánea, a hipótese proposta por Oparin e Haldane que recibiu un forte apoio grazas a experiencia de Miller, ou a hipótese da panspermia. Todas estas hipóteses e teorías argumentan o que din. Non din todas o mesmo e por iso a xente se aferra a ese feito para non crer na Ciencia. Mais é mellor crer en algo que non ten fundamento ou en algo que si o ten?

Visto o visto, podemos dicir que o orixe da vida está a piques de resolverse, se é que non o está xa, pois vamos por un bo camiño , e que, en realidade, a preocupación dos homes e mulleres por coñecer a orixe dos seres vivos e todo aquilo que os constitúe  non é outra que a súa loita constante por comprender a natureza.


Andrea Hervella
Curso 2009/2010, 1º Bacharalato
IES Carlos Casares

No hay comentarios:

Publicar un comentario