A Organización Mundial da Saúde di que a saúde mental non se define só como a ausencia de trastornos psicolóxicos, senón tamén, como o estado de benestar no cal o individuo pode afrontar as tensións cotiás e levar a cabo unha vida normal, nun ambiente social axeitado.
A xente adoita asociar, de forma errónea, o termo enfermidade mental á “loucura” que, por outra parte, non é un termo científicamente preciso. Porén, non en todos os casos é así. Non todas as enfermidades mentais teñen como síntomas alucinacións e desvarios que chamen moito a atención. As máis comúns están presentes no noso día a día, estoume a referir ás depresións, ó estrés, as adiccións ou á ansiedade.
Segundo datos da Junta de Andalucía, un de cada catro persoas padecerán unha enfermidade mental ao longo da vida e uns 450 millóns de persoas no planeta están a padecelas hoxe mesmo, ademais augurase que as cifras irán en aumento. A clave para curar a maioría das enfermidades mentais consiste en facer que o paciente sexa consciente de que precisa axuda.
Como podemos mellora a saúde mental da nosa sociedade? Se todos os países contasen cun sistema amplo e cualificado adicado a saúde mental sería moi fácil descubrilas Tamén é preciso rematar cos falsos mitos como que ao psicólogo só van persoas que están “tolas”. Iso é unha gran mentira. Os especialistas están para axudar a que nos sintamos mellor.
E, no caso de padecer unha enfermidade, considero que son de gran axuda os testemuños doutra xente que tivo o teu mesmo problema e foi quen de enfrontalo e superalo. Isto, e a educación emocional na escola, axudará a conseguir unha sociedade máis feliz.
Os gobernos mundiais deberían investir máis nisto para poder contar con equipos multidiscplinares cualificados (psicólogos, psiquiatras, educadores, traballadores sociais, etc) ademais de promover campañas para concienciar a xente do incremento deste problema. Ainda estamos a tempo.
Pedro Basalo
Curso 2009/2010, 1º Bacharalato
IES Carlos Casares
No hay comentarios:
Publicar un comentario