Antonio Borrajo, Javier Couso, Enrique García, Araceli Macias y Clara Ortega presentaron, o 9 de xuño no centro cultural da Deputación de Ourense, os resultados da experiencia de información e seguimiento das actitudes ambientais do alumnado de ESO do IES Carlos Casares. Desde Ciencias para o Mundo Contempóraneo de 1º de Bacharelato, informaron aos seus compañeiros e compañeiras, coa axuda dun díptico deseñado polo grupo para, logo, realizar inspeccións sorpresa que valoraban o grao de limpeza da aula, se tiñan as luces acesas sin ser preciso ou as xanelas abertas coa calefacción acesa, e decir, analizar a súa contribución persoal ao cambio climático. Así, escolleron a aula máis ecolóxica, cun empate entre 4º de ESOB e 3º de ESO A. O premio, un viaxe ao Parque Natural das Dunas de Corrubedo,a próxima semana.
Presentaron o traballo no "I Congreso de Educación Ambiental nos centros educativos de Ourense. O cambio climático desde a Escola", organizado polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e a Deputación de Ourense. O acto foi inagurado polo presidente da deputación, José Luis Baltar e, na xornada de congreso, estiveron acompañados polos profesores Manuel Martínez e Luis Fernández.
No hay comentarios:
Publicar un comentario