Dende que podemos pensar, usar a razón e reflexionar sempre nos preguntamos de onde procede todo o que nos rodea, porque estamos aquí, como apareceu todo isto, como empezou todo.
Dende sempre nos preguntamos isto e, dende sempre, procuramos atopar unha resposta, elaboramos teorías en base a datos e informacións. Creamos así a teoría do Big Bang que nos di que houbo un momento inicial no que toda a materia e enerxía do universo estaba concentrada nun punto que estoupou e provocou a formación de todo o que coñecemos, tamén creamos así as relixións respondendo que todo empezou por que algo ou alguén o creou.
Mais cal é a verdade? A que nos podemos amarrar?Como empezou todo en realidade? Persoalmente antes que crer en algo que non da probas nin verifica as súas afirmacións, prefiro crer nalgo que si mas dá. Se realmente existe algo, alguén ou alguéns que crearon o universo, nese caso quen os creou a eles? Porque alguen tivo que crearlos?.
Os científicos e científicas fóronse máis e máis hacia atrás no tempo para investigar a orixe da terra e agora incluso a orixe do universo na súa totalidade. Para Aristóteles o universo era eterno, sin principio nin fin. Nos nosos propios días, o astrónomo Fred Hoyle pronunciouse en términos semellantes aos de Aristóteles. Ainda que a idea dun universo eterno satisfaceu a moitos pensadores, os descubrimientos modernos fixeron a esta resposta en canto a orixe do universo de difícil aceptación.
Visto o visto, aínda queda un longo camiño ata comprender realmente o universo, mais non é mellor axudarnos dos datos e das probas que podemos observar e verificar, antes que crer todo o que nos dín sen ningún tipo de xustificación?
Andrea Hervella
Curso 2009/2010, 1º Bacharalato
IES Carlos Casares
IES Carlos Casares
No hay comentarios:
Publicar un comentario