sábado, 23 de octubre de 2010

“O lobo”

O lobo é para moita xente un dos animais máis fermosos e incribles que existen, sen embargo sempre hai algúns desalmados que so miran polo seu propio interés e que exterminan á especie cuxa situación xa non é moi favorable.

O lobo é un carnívoro relacionado co chacal e co can do que se coñecen dúas especies e un número variable de subespecies. As dúas especies son: o lobo gris, que vive en Europa, Norteamérica e Asia, e o lobo roxo, que só se encontra en no sureste de Estados Unidos. O lobo gris, que é o que hai na nosa zona é o máis ameazado por culpa do home.

Este carnivoro, ao contrario do que moita xente pensa, é un animal sociable e que non ataca a persoas nin se acerca a asentamentos humanos a non ser que se sintan ameazados ou estean morrendo de fame, aínda que, tamén é verdade que nos últimos tempos lle están perdendo o medo as persoas e xunto a escaseza de comida fai que se estean acercando a poboacións.

Dende que existe o ser humano sempre lle tivo moito medo ao lobo e rodeárono dun aire sinistro e tenebroso, relacionándoo coa bruxería e creando lendas. Na nosa provincia temos un claro exemplo deste tipo de lendas, a historia de “Romasanta”, un asasino psicópata que viviu nestas terras no século XIX e que se gañou os apodos de sacauntos e homelobo.

Eu penso que as persoas deberíamos ser menos temerosos con estes animais, xa que as veces que esta especie atacou ó ser humano pódense contar cos dedos das mans, na última década tan só 5 ataques en España. Ademais, tamén penso que habería que buscar novos métodos para espantar ós lobos do gando, por exemplo os pastores eléctricos, e así evitarlle grandes perdas económicas ós gandeiros. Creo ademais que se debería aumentar a vixianza sobre a especie para acabar co furtivismo e incrementar as sancións contra este.

En conclusión, o lobo é un patrimonio natural da Galiza e de gran parte do resto de España que debemos protexer a toda costa, xa que é unha das especies máis fermosas, máis representativas e máis importantes da nosa fauna.


Brais Diéguez
Curso 2009/2010, 1º Bacharalato
IES Carlos Casares

1 comentario:

  1. José Luis Rodríguez Arias19 de junio de 2011, 19:48

    Estou de acordo co autor do artigo. Hai que defender o lobo, non so por ser un animal fermoso que esta en perigo de extinción, senon tamén por que e necesario para que haxa un equilibrio no ecosistema xa que o haber poucos depredadores a poboación de xabinis e corzos esta aumentando e estes tamén supoñen para os agricultores grandes perdas económicas pero os segundos non son exterminados por que non poseen esa mala fama.

    ResponderEliminar