lunes, 7 de febrero de 2011

¿Qué sabes de bolivia?

Ofrecémosche, durante quince días, a posibilidade de coñecer algo mais de Bolivia. Se estudas nun colexio ou instituto de España que pertence a Escuelas de la Tierra, ou de calquera outro, anímate, le ben a pregunta, investiga como e onde queiras, e despois de rematar todas as preguntas, envias en formato Word (.doc), co teu nome a: escuelasdelatierra@gmail.com
O alumnado de Ciencias para o Mundo Contemporaneo de 1º de Bacharelato do IES Carlos Casares de Viana do bolo, ten un recoñecemento de 0,5 puntos no apartado de actividades voluntarias da segunda evaluación. Soamente tedes que enviar todas as resposta ó final. Versarán de moitas cousas, botánica, zooloxía, etnias, desigualdades, música, etc.
Para o resto de participantes, haberá un pequeno agasallo para as 10 primeiras persoas que envíen as súas respostas correctas. Recordade, non mandedes nada ata que vexades unha pregunta que poña “Última Pregunta”. Non olvidendes deixar o voso nome completo e centro educativo cando enviedes as vosas solucións.

As preguntas serán colgadas no Blog Viana-Bermejo, estade atentos! A primeira pregunta podédela atopar no seguinte enlace!

No hay comentarios:

Publicar un comentario