A ciencia, ese instrumento tan preciso que empregamos para coñecer e explicar diversas cuestións como pode ser a orixe do universo ou da vida na Terra. Seguro que máis de un se preguntou ata onde será capaz de chegar: ten teito?, ten límites?
Ben, se nos remontamos a onde comezou todo, a teoría mundialmente máis aceptada na comunidade científica é a da gran explosión ou Big Bang. Esta, en base a unha serie de reconstrucións de procesos que suceden no medio natural e no espazo, tenta explicar a orixe do universo. Afirma que todo provén dun único punto onde se concentrou a materia e que, nun momento dado, explotou e deu orixe a multitude de galaxias formadas nun primeiro momento de hidróxeno e helio que, logo, deron orixe a outros elementos máis complexos.
Esta teoría, non obstante, non resolve algunha dúbidas como poden ser: se o espazo está nun continuo proceso de reciclaxe como podemos saber se non houbo algunha etapa anterior e nós atopámonos nunha sucesiva? Que había antes da explosión?
Onde a ciencia non chega entran en xogo a filosofía, que é o saber humano que busca atopar respostas mediante procedementos nos cales se empregue a razón humana como principal instrumento e a teoloxía que son crenzas que buscan unha explicación de orixe divino ou sobrenatural para encher ese oco.
Respecto ao futuro da ciencia, non se sabe aínda onde pode chegar, nin onde está o teito desta. O que si é certo é que no último século houbo un desenvolvemento incrible e que se segue a este ritmo, quizais, podamos chegar a ter un potencial para descubrir e inventar cousas que hoxe en día non serían concebibles na sociedade de comezos do século XXI
Pedro Basalo
Curso 2009/2010, 1º Bacharalato
IES Carlos Casares
No hay comentarios:
Publicar un comentario