Jose Antonio Rodríguez Añón é profesor na facultade de ciencias físicas e na de ciencias bioloxicas da universidade de Santiago de Compostela e colabora con varios proxectos de investigación para conseguir novos combustibles alternativos. Aínda que di so dar dúas horas de clase ó día, pasa moitas horas metido no laboratorio traballando e investigando con outros grupos de España, Europa e Estados Unidos.
P-¿Que fai na universidade?
R-A parte de divertirme todo o que podo investigando, dou clases e axudo en todo o que podo aos estudantes.
P-¿Que é a ciencia?
R-A ciencia é saber, habilidade, mestría, conxunto de coñecementos.
P-¿Cal foi o seu proxecto de carreira?
R-Fixen unha tese sobre incendios forestais. Estudaba varias especies de arbores e o seu comportamento
fronte ao lume para poder axudar a evitar incendios.
P-¿Cal cree que é o futuro da biomasa?
R-Complicado. A nivel pequena escala é rendible pero a gran escala non ten futuro.
P-¿Que opinas da enerxía de fusión nuclear?
R-Si se consegue facer sería a solución do problema enerxético, poderíamos abastecer a Europa cunha soa central. O difícil e manter a reacción de fusión. De momento so se conseguiu facer durante tres milisegundos pero, en máis ou menos cincuenta anos, teremos algún resultado.
P-¿Cal che parece a enerxía renovable con máis futuro?
R-En Galicia é a eólica, xa que é a que está máis avanzada, polo menos con respecto a biomasa ou a solar. Galicia é unha comunidade con moita enerxía eólica.
P-¿En que medida se aposta en España pola investigación, con respecto a outras potencias económicas?
R-Para empezar, non somos ningunha potencia. Máis ben somos unha”prepotencia”. En situación de crise,
comparado co que nos rodea moi pouco. Os centros de investigación máis importantes están fora de España. Neste período de crise, o que fixeron as principais empresas foi cortar o suministro económico en materia de investigación. En outros países como Alemaña apóstase dende o primeiro momento pola investigación, en España non, optase por mercalo todo fora, polo tanto a situación é moi mala.
Texto:
Fotografía:
No hay comentarios:
Publicar un comentario